PARA O BNG É CONTINUISTA E INEFICAZ. NON RECOLLE GASTO ALGÚN PARA AFRONTAR A COVID'19
Orzamento 2021 - Pleno(25-01-21)
Dos 2.050.000 € que se prevé gastar, non se destina nada en axudas a autónomos, pequenos empresarios ou negocios para afrontar a crise derivada da COVID'19.
O orzamento prevé un 44% de gasto en persoal e só un 16% de inversión real. Non aporta ningunha novidade dirixida a inflexionar a liña decadente que ven padecendo o concello, poñendo de manisfesto a deixadez e inacción do grupo gobernante.
Manteñen un salario descarado para o actual liberado e deixan partidas abertas para que o alcalde invista a capricho.
AUDIO - Entrevista na RADIO
Pleno do 25-01-2021
O BNG, que critica a inacción e deixadez do alcalde e goberno do PP por non atender as necesidades da veciñanza e do concello, rexeitou os orzamentos deste ano por resultar ineficaces para afrontar a situación derivada da Covid19 e a decadencia que vén padecendo o concello desde fai moitos anos. Como manifestou o seu voceiro, Manuel Pérez, “máis do mesmo para camiñar cara ningures”.
Para o BNG son unha copia do ano precedente, agora elaborados para só 2.089 censados e por un valor de 2.050.000, resultan ineficaces para afrontar a situación decadente que ven padecendo o Concello desde fai moitos anos. Como manifestou o seu voceiro Manuel Pérez “máis do mesmo para camiñar cara ningures”.
Elevan o gasto en persoal ata un 44% do total, mentres que pola contra o capítulo de “inversións reais” só acada un 16%. Ademais de ser un plaxio dos anos precedentes non contempla medida algunha para afrontar a crise actual derivada do Covid’19, nin tampouco accións concretas para reactivar a economía como: impulsar actividades agrarias, gandeiras, forestais, comerciais ou servizos ao turismo. Pero, o máis sorprendente é que tampouco contemplen axudas para afrontar as consecuencias da Covid’19 nos autónomos e pequenos negocios.
Por outra banda, o polígono industrial permanece en stand-by, deteriorándose as infraestruturas e coa vexetación ameazando cubrilo novo.
Pola contra, aparecen diversas partidas para gastos caprichosos do alcalde e mantense un salario abusivo para un concelleiro que, sen horario nin disposición, dedícase a facer propaganda e vender fume, como se todo fose sobre rodas.
O BNG tamén manifestou a súa discrepancia con respecto de algunhas operacións de moratoria nos créditos contraídos con entidades bancarias,que supoñen un aprazamento nos pagos e un incremento na débeda.