SEGUEN AS VELLAS MAÑAS CARA A NOVA LEXISLATURA
Por tratarse dun pleno extraordinario, e tras formarse os dous grupos existentes: PP (9) e BNG (3), só se trataron propostas da alcaldía, que se resumen:
1-Nomeamento de representantes en órganos colexiados (Grupo escolar)
Propuxeron á mesma persoa da pasada lexislatura, que nunca informou á corporación sobre o seu cometido. Aprobada cos votos do PP (6) e abstención do BNG (3).
2-Asignación para unha dedicación parcial e por asistencia a plenos e comisións
Dedicación parcial do 65% equivalente a 25 horas semanais sen concretar (26.600 €) para un concelleiro (aínda sen designar, pero previsiblemente será o mesmo), 80 € por asistencia a pleno ou xunta de goberno local e 40 € por asistencia a comisións.
O BNG propuxo que ese concelleiro se ocupara non só das novas tecnoloxías, senón dos temas importantes para a veciñanza como obras, mediambiente, etc., sen que a proposta fose tida en conta. Aprobada cos votos a favor de PP (6) e abstención do BNG (3).
3- Creación da Xunta de Goberno Local
Só proposta de creación (a composición será decidida máis adiante, pero tamén previsiblemente sexa en exclusiva do PP). O BNG insistíu en que polo menos se lle entreguen as actas da mesma nun tempo prudencial, non como viña sucedendo na pasada lexislatura, que se demoraban varios meses. Aprobada cos votos do PP (6) y a abstención do BNG (3).
4- Creación da comisión especial de contas
Obrigatoria por lei, é a única que se crea (3 membros do PP e 1 do BNG). Para todas as demais áreas: obras, comercio e industria, agro-forestal, servizos sociais, cultura, deporte ou turismo, nin tan sequera se crean comisións informativas, polo que se impide para toda a lexislatura que exista debate e información previa aos plenos sobre dos temas a tratar nas diversas áreas, de modo que case todo poda ser xestionado de costas á Corporación. Aprobada cos votos do PP (6) e voto en contra do BNG (3).
5- Periodicidade dos plenos, hora e datas de celebración
Outra vez impoñen os plenos o peor día á peor hora para que a veciñanza teña difícil asistir, nun local que non dispón de asentos para o público: luns ás 10 da mañá cada 2 meses (os impares). Aprobada cos votos do PP (6) e o voto en contra do BNG (3).