Obradoiro "vía da prata"
Mocións

Obradoiro de emprego "VÍA DA PRATA"

O grupo municipal do BNG Solicitou un pleno extraordinario para que se explique o proceso seguido na tramitación do obradoiro de emprego "Vía da Prata", considerando que existe un flagrante déficit de información sobre a forma de tramitación, elaboración de bases e resolución do mesmo, xa que se resolve directamente pola alcadía e totalmente de costas á corporación municipal.

O BNG de Cea considera, sobre todo na parte que atinxe aos alumnos-traballadores, que se concedan demasiados puntos a unha entrevista persoal (18 puntos), sendo este un baremo absolutamente subxetivo, o que desequilibra o proceso de selección mermando a importancia relativa da parte obxectiva, baseada no currículo, situación persoal e demais méritos dos candidatos.

Para os nacionalistas este proceder, responde á clara intención por parte do PP de contratar a persoas afíns, facendo uso partidista dos recursos públicos e discriminando á veciñanza en base as súas afinidades políticas.

O bradoiro dual de Emprego “Vía da Prata” contempla 10 prazas para auxiliar de albanelería e outras 10 para coidados forestais, máis 5 para dirección, docencia e administración. Financiado pola  Consellería de Economía, Emprego e Industria con 346.946,00 €, está promovido polos concellos de Piñor, Vilamarín e San Cristovo de Cea.

Ler novas