Pleno 27-11-21
Novas

ORZAMENTOS 2024, Consexe para Grupo, Bandas reductoras

Segue a liña continuista, con orzamentos pechados impostos pola maioría gobernante, orientados fundamentalmente a manter a "estructura". Este ano con 2.100.000€, dos que máis de 1.136.000€ (un 54% do total) se destinarán a persoal, 248.500€ (un 12%) serán para amortización da débeda e 254.000€ para obras.  Negativa da alcaldía a que o concello contrate conserxe para o grupo.
Ler novas
Mocións

Orzamentos 2022, REAPERTURA do MUSEO LISTE e MOCIÓN de APOIO ao SECTOR LÁCTEO

 

1-ORZAMENTOS 2022 

Aprobados cos votos do PP e a negativa do BNG, non pasan de ser unha reprodución á baixa dos do ano precedente; estancados na cuantía total (2.040.000 €), nas partidas asignadas e na propia metodoloxía de execución. 

Neles non se especifican as obras a realizar, quedando toda a inversión en obra pública a criterio da alcaldía, como se de cousa propia se tratara. Contemplan 890.000 € para a partida de persoal (44% do orzamento total), onde figura un "alto cargo", en paralelo mantense á cesión de servizos en favor de outros organismos. 

2- MOCIÓN DO BNG PARA A REAPERTURA DO MUSEO LISTE DE OSEIRA

Solicitando que a alcaldía contacte e negocie cos propietarios un acordo que satisfaga ás partes e posibilite a reapertura do museo, que posúe un rico patrimonio etnográfico, histórico e cultural, pero permanece pechado desde 2011. Ubicado ao carón do mosteiro, ambos poden configurar un polo turístico importante que actúe como dinamizador do entorno.

Para elo é necesario buscar unha persoa con certo nivel cultural e dominio de idiomas, capaz de explicar a utilización e historia do material que alberga e dar a coñecer o modo de vida e a nosa historia. Rexeitada polos votos de PP.

3- MOCIÓN DE APOIO  AO SECTOR LÁCTEO. 

Nela instase á Xunta a promover un foro de encontro, debate e negociación, arbitrado pola Consellería do Medio Rural, no que teñan representación todos os actores da cadea de producción e comercialización (productores, cooperativas, industrias e comecialización) do leite e derivados (manteigas, queixos, iogures, batidos, natas, ...). Tanto para afrontar a crise que está a padecer o sector, debida ao incremento dos custos de producción, como para desenvolver unha cadea productiva con base en Galiza.

Instase tamén a que o goberno do Estado no desenvolvemento da "Lei de cadea Alimentaria" dote aos sectores productivos dunha ferramento obxectiva para fixar os custos de producción, de modo que sexan vinculantes e obrigatorios.  Rexeitada cos votos do PP.

 

Ler novas