ROZA DE FAIXAS CONTRA LUMES: ESCASA COLABORACIÓN DO CONCELLO

O concello incumple nos espazos públicos, pero esixe que os particulares cumplan co seu

O grupo municipal do BNG, diante do elevado número notificacións enviadas pola alcaldía aos veciños nestas datas, nun tono mais ameazante que colaboracionista, e sen apenas tempo nen medios para poder efectuar os traballos esixidos na lei 3/2007 (nin especificar con claridade que se debe facer en cada caso concreto) presentou unha moción (ver contido completo no apartado "concello/algunhas mocións presentadas" desta web), que unha vez mais foi rexeitada polo grupo de goberno, de modo que se traslada toda a responsabilidade aos donos sen aportar medios nin solucións. Tampouco se pon a disposición a empresa SEAGA, creada para tal fin, nen o persoal teóricamente formado nos diversos obtradoiros realizados.

O concello incumple nos espazos públicos, pero esixe que os particulares cumplan co seu
Imaxe da zona norte tras un lume
Imaxe da zona norte tras un lume

O concello, como responsable das infraestruturas, debería ser o primeiro en cumprir con unha lei que ten 17 anos de vixencia, antes de esixir nada aos veciños. Os espazos públicos, pistas, camiños (a maioría dos antigos camiños de carro están atuídos con matogueiras e árbores) e eiras son responsabilidade do concello.  Incluso é necesaria unha ordenanza municipal para regular as zonas urbanas neste aspecto. Non se fai uso suficiente dos medios propios de que se dispón (persoal, tractores, etc.). Tampouco se solicitan as axudas (persoal e maquinaria) nos plans de prevención existentesna Xunta de Galiza, dos que se podía conseguir moito máis e que outros concellos ben aproveitan. Non se abren pistas (caso de Lamas, que fai máis dun ano xa presentaron as firmas os veciños).

Os veciños carecen de información sobre da empresa SEAGA, creada no seu momento pola Xunta de Galiza para realizar estas tarefas, en teoría a baixo custo para quen precise pagar por este traballos. Parece que os enormes incendios padecidos no concello non son suficientes para consideralo de “alto risco”. Aqueles que precisan de quen lles desbroce teñen difícil atopar alguén a prezos razoables; tampouco serviron os obradoiros para formar persoa que se ía dedicar a eso. Só temos esa notificación da alcaldía, apurando os prazos.

Todos lembramos que nas eleccións autonómicas pasou por Cea un conselleiro, falando do aproveitamento das terras ermas en Cea, da recuperación do cultivo do trigo e da creación dun polígono agroforestal na zona de Lamas, encargando ao alcalde do asunto, pero desde entón nada se soupo do tema. O BNG preguntará no parlamento de Galiza sobre diso. Mentres tanto, os veciños teñen que pagar por limpar sen obter produción algunha, soportar o xabarín e ver esmorecer lentamente todo o seu entorno. Diante deste caos os poderes públicos deberían intervir, activarse e facer algo.

PROPOSTA á corporación municipal:

  1. Que o concello se responsabilice das súas obrigas no referente a limpeza de espazos e vías públicas, para que polo menos exista acceso ás fincas.
  2. Que o concello busque solucións, contacte coa xunta e procure levar á práctica o encargo efectuado polo conselleiro á alcaldía: “hai que facer algo coas terras ermas de Cea”.
  3. Informar ós veciños sobre que traballos deben facer en cada parcela concreta,  e como contactar con SEAGA ou con persoal apto para facelos.
O concello incumple nos espazos públicos, pero esixe que os particulares cumplan co seu