APROBADO NO PLENO DE MAIO, COA MAIORÍA DO PP E A NEGATIVA DO BNG

Novo salario por dedicación parcial: 25.000 € para a tenente de alcalde

Tras modificar unha vez máis a data do pleno ordinario sen dar explicacións, coas conseguintes repercusións para quen traballa, a sorpresa para a oposición foi a proposta da alcaldía para asignar unha nova dedicación parcial, por un importe de 25.000 €, á tenente de alcalde.

Ademáis no pleno aprobaríanse cos votos do PP as contas de 2023, que superan os 3 millóns de euros. Un 50% do total investiuse en salarios. Séguese gastando diñeiro no polígono sen que se vexa ningún efecto positivo para o emprego. Deixadez total respecto da agricultura e doutras áreas.

Turno de rogos e preguntas. Os concelleiros do BNG prantexaron: encargar un estudo a expertos sobre as causas que están provocando a extinción dos carballos centenarios en Casledo (Oseira) e posibles actuacións, sinalización en Pereda, o estado das pistas mal remendadas na campaña das municipais, etc.

 

Novo salario por dedicación parcial: 25.000 € para a tenente de alcalde

Toda unha sorpresa para o BNG, que considera un novo despropósito, asignar unha cantidade tan elevada a outra persoa máis do grupo de goberno, por unha dedicación parcial sen horario definido. Un novo gasto ás costas de todos veciños, para seguir realizando as mesmas funcións que xa tiña atribuídas desde a constitución da corporación.

Esta cuestión deriva da recente condena ao alcalde polo abandono e deixadez na depuradora de Toxo, tras recibir avisos e multas e ningunear as constantes interpelacións sobre o tema por parte do BNG. Entre outras sancións foi inhabilitado para a xestión de augas. Agora nomea para tal fin á concelleira que xa figuraba como responsable de medio ambiente, polo tanto corresponsable deste asunto, e asígnalle unha nómina de 25.000 € que teremos tamén que pagar todos, ademáis das multas e demáis gastos que podan derivarse.

Toda a recadación do concello en concepto de augas fai falla para abonarlle este novo salario, inxustificable se mire por onde se mire.

Quedan lexos os tempos en que no PP de Cea presumían de non cobrar pola súa aportación á política local. Nesa liña pode enmarcarse tamén a elevación da asignación por participación en órganos colexiados establecida pola alcaldía ao comezo da presente lexislatura.

Novo salario por dedicación parcial: 25.000 € para a tenente de alcalde