Novas

O alcalde rexeita as propostas do BNG para prevención de lumes e non propón nada no pleno

Outro pleno sen ningunha proposta do grupo de goberno, só a toma de posesión do novo concelleiro como substituto do falecido José Paz Vázquez.

A moción do grupo nacionalista “PARA QUE O CONCELLO ADOPTE MEDIDAS NA PREVENCIÓN DE LUMES, FOMENTE UNHA XESTIÓN INTEGRAL DO MEDIO E A RECUPERACIÓN DO RURAL” foi o único tema de posible debate. Para rogos e preguntas do BNG só ouvidos xordos.

Ler novas

CONDENA AO ALCALDE: 1 ano de prisión e inhabilitación para temas mediambientais

Antes da sanción imposta polo xuíz ao alcalde de Cea por causa da EDAR (Estación Depuradora de Augas Residuais) o grupo municipal do BNG xa formulara varias preguntas no pleno do concello, case todas sen resposta ou decindo que todo estaba ben. Recentemente, unha vez coñecida a sentenza condenatoria ao alcalde, este reaparece en público xunto coa conselleira falando de novos proxectos para unha posta a punto e ampliación da EDAR, así como de obras para separar as augas fecais das pluviais en Cea, facendo caso omiso da sentenza que o inhabilita para xestionar asuntos relacionados co mediambiente.

O grupo parlamentar do BNG na Xunta de Galiza presenta (asinada polas diputadas Noa Presas, Iago Tabarés a Luis Bará) preguntas para que o goberno galego explique na comisión correspondente e no pleno do parlamento de Galiza os acordos con un alcalde afín, presuntamente inhabilitado para temas medioambientais, informes e estudos existentes para a realización destes investimentos, etc. 

Ler novas

FAIXAS CONTRA LUMES: o concello incumple nos espazos públicos

O grupo municipal do BNG, diante do elevado número notificacións enviadas pola alcaldía aos veciños nestas datas, nun tono mais ameazante que colaboracionista, e sen apenas tempo nen medios para poder efectuar os traballos esixidos na lei 3/2007 (nin especificar con claridade que se debe facer en cada caso concreto) presentou unha moción (ver contido completo no apartado "concello/algunhas mocións presentadas" desta web), que unha vez mais foi rexeitada polo grupo de goberno, de modo que se traslada toda a responsabilidade aos donos sen aportar medios nin solucións. Tampouco se pon a disposición a empresa SEAGA, creada para tal fin, nen o persoal teóricamente formado nos diversos obtradoiros realizados.

Ler novas

NOVO SALARIO para concelleira do PP: 25.000 €

Tras modificar unha vez máis a data do pleno ordinario sen dar explicacións, coas conseguintes repercusións para quen traballa, a sorpresa para a oposición foi a proposta da alcaldía para asignar unha nova dedicación parcial, por un importe de 25.000 €, á tenente de alcalde.

Ademáis no pleno aprobaríanse cos votos do PP as contas de 2023, que superan os 3 millóns de euros. Un 50% do total investiuse en salarios. Séguese gastando diñeiro no polígono sen que se vexa ningún efecto positivo para o emprego. Deixadez total respecto da agricultura e doutras áreas.

Turno de rogos e preguntas. Os concelleiros do BNG prantexaron: encargar un estudo a expertos sobre as causas que están provocando a extinción dos carballos centenarios en Casledo (Oseira) e posibles actuacións, sinalización en Pereda, o estado das pistas mal remendadas na campaña das municipais, etc.

 

Ler novas

ORZAMENTOS 2024, Consexe para Grupo, Bandas reductoras

Segue a liña continuista, con orzamentos pechados impostos pola maioría gobernante, orientados fundamentalmente a manter a "estructura". Este ano con 2.100.000€, dos que máis de 1.136.000€ (un 54% do total) se destinarán a persoal, 248.500€ (un 12%) serán para amortización da débeda e 254.000€ para obras.  Negativa da alcaldía a que o concello contrate conserxe para o grupo.
Ler novas

SEGUEN AS VELLAS MAÑAS CARA A NOVA LEXISLATURA

Non se crean comisións informativas sectoriais, mantense unha dedicación para un concelleiro do grupo de goberno, sube o cobro por asistencia a plenos e comisións e séguense a celebrar os plenos en horas intempestivas .
Ler novas

Orzamentos 2023: xa non respectan os mínimos democráticos

A falla de previsión por parte da alcaldía, o desinterese por todo aquelo que non sexa potenciar a actual estructura caciquil e o desprezo polas formas democráticas chegou este ano ata o extremo de que nin tan xiquer convocaron cun prazo mínimo á Comisión de Contas (a única existente por imperativo legal, e que apenas se reúne unha ou dúas veces ao ano), polo que o BNG nin pudo asistir nin dispor de información. 
Ler novas

O Novo albergue de Oseira: UN PEGOTE DE CEMENTO NO ESCORIAL GALEGO

Inaugurado este luns polo presidente da Xunta, con unha inversión que supera o millón de euros, o novo albergue brinda 42 NOVAS prazas aos peregrinos, ás que hai que sumar as 32 que tamén se rehabilitan con este mesmo proxecto no albergue vello.

O grupo municipal do BNG en San Cristovo de Cea considera oportuna a rehabilitación efectuada no albergue vello, pero con respecto ao novo quere manifestar o seguinte.

 

Ler novas

RECUPERACIÓN DO CULTIVO DE TRIGO EN CEA

Segue pasando o tempo e non se aproveitan as axudas europeas para estes fins, nin tan xiquera se prantexa esta cuestión desde o goberno local, que  mira cara outro lado, nesa liña continua que nos está levando a ningures.

Recuperar o cultivo dun producto propio, que tería a venda asegurada dentro do sector, ben seguro axudaría a crear unha dinámica propia, postos de traballo permanentes e a dinamizar o entorno. Implicaría ademáis o desbroce de áreas agora recubertas de maleza que noutrora foran trigais,  promovería a apertura de pistas, a recuperación dos muiños e axudaría a recuperar un patrimonio que se está perdendo, facilitaría a creación de rutas turísticas mellorando o entorno medioambiental.  

Axudaría a dinamizar a vida a nivel local e a manter unha profesión que sempre foi a bandeira deste concello..

A Indicación Xeográfica Protexida para o pan de Cea, da que veu gozando ata agora queda diluida tras recoñecerse a nivel europeo a Indicación Xeográfica protexida "Pan Galego", na que se enmarcaría xunto coas restantes de Galiza, perdendo así a súa especificidade.

(accede á moción completa)

Ler novas

CONTAS 2019 - Pleno do 27-09-20 (Entrevistas)

Forte incremento da débeda no ano 2019, casualmente o ano das eleccións municipais.

A débeda acada xa 1.368.587 €, e apunta ao 60% do total do gasto efectuado nese ano (2.434.000 €). 

AUDIO - Entrevista na COPE                                          

AUDIO - Entrevista na SER                                          

Ler novas

Entrevista na COPE ao noso portavoz Manuel Pérez (Pleno 27-07-2020)

1-Moción do PP para pedir a dimisión do Sr Villarino como portavoz do PSOE e do Delegado do Goberno en Ourense.

2- Moción do BNG para a esterilización de gatos vagabundos

3-Regulamento interno para o punto de atención á infancia (PAI)

4-Preguntas do BNG, sobre varios temas

AUDIO - Entrevista na COPE                                          

Ler novas