ORZAMENTOS 2023: ORIENTADOS SÓ A MANTER A POTENTE ESTRUCTURA CACIQUIL E AFRONTAR A VINDEIRA CAMPAÑA DAS MUNICIPAIS, NON APORTAN NADA NOVIDOSO PARA FREAR A ACTUAL DECADENCIA
O BNG Critica con dureza as formas empregadas polo alcalde para convocar a Comisión de Contas, previa ao pleno
O portavoz do BNG manifestou que como único aviso figura un correo electrónico rexistrado a altas horas da noite, con apenas 12 horas antes da celebración da Comisisón, e sen máis información. No parece de recibo que a única comisión existente, que se convoca a tal fin unha vez cada ano, teña que ser convocada con tal urxencia, dado que se trata dun tema ordinario e totalmente previsible.
Unha vez máis o PP impuxo coa súa amplia maioría uns orzamentos oscurantistas, sen deixar que a oposición participa. O seguinte cadro resume ilustra a distribución por capítulos para 2023:
Un 54% do gasto total destinado a gasto en persoal e apenas sen investimentos reais. Unha copia dos de anos precedentes, á baixa, oscurantistas e carentes dun proxecto mínimamente dinamizador que tente por freo á liña decadente pola que vimos transitando. Non consultaron para nada coa oposición, nin existe proxecto algún máis que o continuismo.
Para o BNG esa relación dun empregado municipal por cada 45 habitantes parece esaxerada, pero inda así podería ser defendible se obedecera a unha planificación transparente e da que derivaran uns servizos eficientes, que serviran para dinamizar o concello, fixar poboación e garantir a igualdade de oportunidás para todos, pero iste non parece ser o caso.
Seguen contemplando o salario dun "alto cargo", máis dedicado a propagando, as festas e o control da información que en por en marcha ese polígono industrial paralizado que segue tragando investimentos sen apenas aportar nada.
- AS OBRAS DE 2023 SEGUEN SEN FACERSE, ESPERANDO ÁS ELECCIÓNS
- A moción do BNG para que o concello facilite a "restauración dos abundantes muiños existentes nas riberieras do Barbantiño, Silvaboa e otros moitos", que noutrora supuxeron unha industria de interese, moitos deles en estado ruinoso, pero que ainda así seguen constituíndo un importante patrimonio histórico-etnolóxico, tamén foi rexeitada polo grupo que segue a gobernarnos.