CONDENADO A 1 ANO DE CÁRCERE E INHABILITADO PARA TEMAS MEDIAMBIENTAIS

PESE A SENTANZA CONDENATORIA O ALCALDE NON DIMITE

Antes da sanción imposta polo xuíz ao alcalde de Cea por causa da EDAR (Estación Depuradora de Augas Residuais) o grupo municipal do BNG xa formulara varias preguntas no pleno do concello, case todas sen resposta ou decindo que todo estaba ben. Recentemente, unha vez coñecida a sentenza condenatoria ao alcalde, este reaparece en público xunto coa conselleira falando de novos proxectos para unha posta a punto e ampliación da EDAR, así como de obras para separar as augas fecais das pluviais en Cea, facendo caso omiso da sentenza que o inhabilita para xestionar asuntos relacionados co mediambiente.

O grupo parlamentar do BNG na Xunta de Galiza presenta (asinada polas diputadas Noa Presas, Iago Tabarés a Luis Bará) preguntas para que o goberno galego explique na comisión correspondente e no pleno do parlamento de Galiza os acordos con un alcalde afín, presuntamente inhabilitado para temas medioambientais, informes e estudos existentes para a realización destes investimentos, etc. 

PESE A SENTANZA CONDENATORIA O ALCALDE NON DIMITE

Os medios de comunicación informaban a primeiros de ano da sentenza imposta por un xuíz ao alcalde de Cea por un delito mediambiental (relacionado co mal funcionamento da EDAR): un ano de cárcere e inhabilitación para temas mediambientais.

O alcalde fixera caso omiso das pequenas sancións económicas impostas previamente (que recaen nas costas de todos nós) e das diversas preguntas que o BNG plantexara. Agora está condenado por elo.

Sorprende que pouco tempo despois apareza en público manifestando os seus contactos coa consellería para lograr a posta a punto e ampliación da mesma depuradora pola que fora condenado e para o que debería estar inhabilitado (fala de 788.000 euros, a financiar pola Xunta-80% e concello-20%), así como de que a deputación vai financiar o proxecto para a separación de augas pluviais e fecais do núcleo de Cea (outros 180.000 euros).

Cabe lembrar que no seu momento a Xunta de Galiza realizara un investimento de uns 600.000 euros (uns 100 millóns de pesetas daquel tempo) máis unha reparación posterior duns 27.000 euros financiada pola deputación. Agora volven a falar de case outro millón de euros para facer o mesmo, como se nada pasara nin existira sentenza algunha condenatoria. Preguntámonos: ¿Qué pasaría se esto sucedera con un alcalde de outro partido?

Temos un alcalde que "pasa" desde que fai tempo das súas obrigas cos veciños, pero que agora está condenado e que fai caso omiso da sentenza, non se plantexa a súa dimisión e mira cara outro lado como se nada pasara, tratando de desenvolver novas accións mediambientais para as que teóricamente está inhabilitado.

PESE A SENTANZA CONDENATORIA O ALCALDE NON DIMITE