CONDENA AO ALCALDE: 1 ano de prisión e inhabilitación para temas mediambientais
Antes da sanción imposta polo xuíz ao alcalde de Cea por causa da EDAR (Estación Depuradora de Augas Residuais) o grupo municipal do BNG xa formulara varias preguntas no pleno do concello, case todas sen resposta ou decindo que todo estaba ben. Recentemente, unha vez coñecida a sentenza condenatoria ao alcalde, este reaparece en público xunto coa conselleira falando de novos proxectos para unha posta a punto e ampliación da EDAR, así como de obras para separar as augas fecais das pluviais en Cea, facendo caso omiso da sentenza que o inhabilita para xestionar asuntos relacionados co mediambiente.
O grupo parlamentar do BNG na Xunta de Galiza presenta (asinada polas diputadas Noa Presas, Iago Tabarés a Luis Bará) preguntas para que o goberno galego explique na comisión correspondente e no pleno do parlamento de Galiza os acordos con un alcalde afín, presuntamente inhabilitado para temas medioambientais, informes e estudos existentes para a realización destes investimentos, etc.