Pleno 29-05-24: Salario á tenente alcalde
Novas

NOVO SALARIO para concelleira do PP: 25.000 €

Tras modificar unha vez máis a data do pleno ordinario sen dar explicacións, coas conseguintes repercusións para quen traballa, a sorpresa para a oposición foi a proposta da alcaldía para asignar unha nova dedicación parcial, por un importe de 25.000 €, á tenente de alcalde.

Ademáis no pleno aprobaríanse cos votos do PP as contas de 2023, que superan os 3 millóns de euros. Un 50% do total investiuse en salarios. Séguese gastando diñeiro no polígono sen que se vexa ningún efecto positivo para o emprego. Deixadez total respecto da agricultura e doutras áreas.

Turno de rogos e preguntas. Os concelleiros do BNG prantexaron: encargar un estudo a expertos sobre as causas que están provocando a extinción dos carballos centenarios en Casledo (Oseira) e posibles actuacións, sinalización en Pereda, o estado das pistas mal remendadas na campaña das municipais, etc.

 

Ler novas