Novas
O alcalde rexeita as propostas do BNG para prevención de lumes e non propón nada no pleno
01/out./2025
Outro pleno sen ningunha proposta do grupo de goberno, só a toma de posesión do novo concelleiro como substituto do falecido José Paz Vázquez.
A moción do grupo nacionalista “PARA QUE O CONCELLO ADOPTE MEDIDAS NA PREVENCIÓN DE LUMES, FOMENTE UNHA XESTIÓN INTEGRAL DO MEDIO E A RECUPERACIÓN DO RURAL” foi o único tema de posible debate. Para rogos e preguntas do BNG só ouvidos xordos.